Velada flamenca

cartel flamenco

Moi content@s de anunciar un novo evento, na liña das anteriores festas temáticas! Xa sabedes, o ticket inclúe a cea-buffet, a asistencia ao xenial espectáculo de música e danza en directo e a festa posterior ata a madrugada.

A reserva de entradas no noso teléfono habitual. Grazas, vémonos pronto! 🙂

Danza africana

ATENCIÓN: O taller promocional trasládase finalmente ao luns 17

Continúa a programación de actividades co comezo das clases de danza africana, dende este mes de marzo. Serán impartidas por Cristina Malvárez de Biomesturas Danza, que xa é coma unha persoa máis da casa, e terán lugar os luns entre as 20:30 e as 22:00. Para iniciarvos e convidarvos a vir, amais, dámosvos toda a facilidade, comezando cun taller promocional (luns 10) para probedes e decidades se vos gusta este tipo de baile, e para o que a achega económica será voluntaria: a que vós queirades.

Clases afro Africano en a Casa de Ana

Agora, vedes que nas publicacións que facemos aquí para presentar as cousiñas que programamos gústanos suxerir onde pode radicar o seu interese ou que clase de emocións pode provocar. Porén, Cristina pasounos un texto que ela xa tiña preparado, e que transmite todo iso moito mellor do que o saberiamos facer nós. Para saber realmente que vos pode aportar aprender esta danza recomendámosvos lelo a continuación: Modalidad danza africana.

Polo demais, toda a información que precisedes podédela obter chamando ao teléfono de Cristina que vedes aquí enriba no cartel (658937556), ou ao noso de sempre (986862275).

Unha aperta e a seguir inventando!

Clases de flamenco

Hoxe presentamos a primeira novidade do ano.  Fainos ilusión porque é unha iniciativa chegada de fóra, que parte do interese dunha amiga da Casa chamada África, á que puidemos dar lugar cun chisquiño de coordinación: mentres nós contactabamos con Francisco, (gaditano e profesional do flamenco dende hai moitos anos) para dar a clase, ela ía xuntando o grupiño de alumn@s. E sen moito máis, conseguimos así programar as  primeiras clases de danza.

O grupo comezará o primeiro martes de febreiro e aínda hai sitio se vos animades. Botade un ollo ao cartel. Se queredes máis información, podedes chamar ao noso número ou ao de Francisco, que figura ao pé da imaxe. Saúdos!

cartel flamenco