Ata a próxima!

Amigas e amigos:

Parte de vós xa o sabedes, pero con este post comunicámosvos oficialmente que o restaurante vén de pechar as súas portas de forma definitiva. Queremos darvos as grazas de corazón pola amizade e por todos os momentos compartidos durante estes 18 anos. Comezamos unha nova etapa lonxe dos fogóns, pero conservamos a esperanza de seguir encontrándonos no futuro. Brindamos por iso! 🙂

Un gran abrazo de Ana e Dámaso.

 

FESTA FLAMENCA

As reservas para a cea do concerto rematan o martes día 23 de agosto. Os que queirades asistir sólo ó espectáculo, podedes vir a partires das 23 horas; a entrada será de 14 euros con dereito a unha copa gratis.

fiesta flamenca

Época de celebracións

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Comenza o mes de maio e con el o tempo das comunións, das vodas, e toda unha chea de celebracións

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O salón, para o banquete; Os porches para os aperitivos, as copas ou para o baile; Os espazos exteriores para disfrutar ao aire libre…  Expoñede a vosa proposta e nós trataremos de levala a cabo

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

 

Festa Fin de Ano

Non se sabe o que pode pasar. Mellorar tal e como están as cousas non é difícil, pero tamén é certo que para os que gobernan o listón dos desastres parece non estar nunca o suficientemente alto; siguen saltándoo e mellorando a súa marca día a día. Pero, sexa como for e veña como veña dende fóra, en cada ano que comeza tamén hai unha parte moi importante de determinación persoal, de punto de vista. Pódese tomar ata coma un xogo. Imaxinade que o 2014 é un anaco de plastilina: que forma lle damos?

A nós ocorréusenos mirar 0 2014 coma un globo, un globo aerostático. Humilde, enxeñoso, lixeiro, colorido, viaxeiro e que se eleva polo aire e suca as nubes (e os nubarróns tamén como pode). E a festa para rematar este no que estamos, pois acorde con esa idea. Vale un pouco todo: podedes pinchar vós mesm@s a música que vos guste, traer instrumentos dende a guitarra á botella de anís,  vir de gala ou de paisano

Estaremos dende as 01:15 ata… Ben, ata cando nos pareza. Mirade que as 50 primeiras entradas van saír máis baratas, así que ide matinando para mercar dende luns. Barra libre e chocolate matutino a pouco prezo.

Para o que precisedes, os contactos habituais: acasadeana@gmail.com // 986862275

Felices festas a todas e todos!

fin de ano

Pasado Agosto

Ola a todos!

Tedes que desculpar que durante este último mes a páxina nos quedase desatendida. Limitámonos a manter actualizada a páxina do Facebook, por unha simple cuestión de popularidade e de economía temporal, e quedounos atrás o traballo nesta bitácora. Por se acaso aproveitamos para suxerir que, aqueles que teñades perfil nesa rede social pero aínda non nos sigades, comecedes a facelo agora. Para os que non teñades perfil ningún, facemos un resumo.

A Festa Cubana do pasado 24 de Xullo foi un éxito. Había unha concordancia xeral en que a cea estaba moi boa, que o concerto saíu moi ben e que tanto os/as que saíron á pista de baile como os/as que preferiron mirar gozaron moito do ambiente. Temos un álbum de fotos que o proba (grazas sobre todo á nosa amiga Marta) e tamén un pequeno vídeo. Pasade pola galería e mirade!

Despois diso, aínda houbo máis. O 25 de Agosto pasado, domingo pola tardiña, organizamos o noso primeiro concerto ao aire libre no xardín. Os que tocaron foron Samsara, bos amigos da Casa dende hai tempo. Eles non só puxeron decibelios, senón tamén moi boas vibracións, e todos quedamos encantados coa boa acústica que se recollía alí detrás. Amais diso, ao remataren puxeron os instrumentos e o equipo a disposición dos espontáneos e tivemos unha pequena e moi divertida “jam session”, non só con música, senón tamén con poesía. As fotos deste día, que tamén podedes atopar na galería, foron por cortesía de Helena (se queredes contratar a algunha fotógrafa non tedes máis que pedir referencias, eh?). E o cartel foi este, para que vexades que non é bóla.Imaxe

En fin, que non queremos poñer pausa! Dentro de pouco máis cousas. Unha aperta a todas e a todos.