Hoxe presentamos a primeira novidade do ano. Fainos ilusión porque é unha iniciativa chegada de fóra, que parte do interese dunha amiga da Casa chamada África, á que puidemos dar lugar cun chisquiño de coordinación: mentres nós contactabamos con Francisco, (gaditano e profesional do flamenco dende hai moitos anos) para dar a clase, ela ía xuntando o grupiño de alumn@s. E sen moito máis, conseguimos así programar as primeiras clases de danza.
O grupo comezará o primeiro martes de febreiro e aínda hai sitio se vos animades. Botade un ollo ao cartel. Se queredes máis información, podedes chamar ao noso número ou ao de Francisco, que figura ao pé da imaxe. Saúdos!